publicidade hoxe

A Carpa Xplora de Xuventude sobre recursos dispoñibles visita Salceda de Caselas e Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaSalceda de CaselasXuventude
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata Salceda de Caselas e Baiona (Pontevedra) co fin de que os mozos e mozas galegos poidan coñecer os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.

A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará emprazada na praza do concello de Salceda de Caselas entre as 19,00 e as 21,00 horas; e no paseo de Ribeira de Baiona, entre as 16,00 e as 18,00 horas.

A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

11 de xullo de 2014 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.