A Cañiza celebra a Ponte do Día de Santiago eventos culturais e deportivos
Este largo fin de semana comeza coa celebración do XXIV Maratón de Fútbol Sala, máis coñecido como 24 horas de A Cañiza, campionato deportivo que nas dúas últimas décadas convertiuse nun referente na comarca da Paradanta e a súa área de influencia. Organizado polo servizo de deportes do Concello de A Cañiza está dotado con 2.500 €uros en premios repartidos en 4 premios de 1400 € para o equipo gañador, 700 € para o 2º clasificado e 200 para os equipos que acaden o 3º e 4º lugar respectivamente. Ademáis os equipos que resulten eliminados na 1ª fase, poderán xogar un torneo paralelo ou “Fase B” premiado cun xamón de A Cañiza e trofeo.
Tamén durante este fin de semana se celebrará o Open Internacional F3B A Cañiza-2014 World Cup no campo de vuelo do Pastizal, no alto de Fontefría, proba puntuable para o campionato do Mundo de planeadores remolcados por torno. Importantísima competición organizada polo Club de Vuelo a Vela Fontefría en colaboración coa Fédération Aéronautique Internationale FAI, Real Federación Aeronáutica Española RFAE, Concello de A Cañiza, Federación Aeronáutica Gallega FAG e Deporte Galego. Esta proba forma parte da FAI World Cup Competition, Class F3B 2014 e do F3B CONTEST Eurotour 2014 e é válido para el ranking F3B de la RFAE para o Campionato Mundial F3B 2015. A competición comezará o venres 25 de xullo a partires das 15h00 e ata as 9 da noite.
E o domingo 27 a parroquia de Valeixe organiza a XXIII Xuntanza do Folclore Galego organizado pola Asociación C.D. Santa Cristina de Valeixe que dende o ano 1.991 se ven celebrando na Cañiza. A xornada comezará as 11h15 co recibimento de todas as imaxes da parroquia ( Santa Cristina de Valeixe, San Antonio de Taín, a Ascensión, a Virxe dos Remedios, a Virxe de As Neves de Pintelos e o Anxo da Garda). Ás 12 da maña oficiarase a misa solemne cantada polo Coro da A.C. Santa Cristina de Valeixe e procesión acompañada polos grupos folclóricos participantes na Xuntanza. Despois do xantar, ás 18h00 comezarán as actuacións do Rancho Folclórico de PINHEIROS, do Grupo A Vella Barca e Vila da Ponte e rematará esta xuntanza a actuación do Grupo Folclórico Santa Cristina de Valeixe.