A campaña do Rio Natura Monbus “Pídemo o corazón” finaliza a reserva de asentos para antigos abonados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Os abonados do Rio Natura Monbus do pasado curso que non renoven até agora e quixesen conservar a mesma butaca terana reservada até mañá martes ás 00.00 horas. A partir dese momento, todos os asentos libres do pavillón quedan liberados para a súa venda xeral. Será entón a quenda dos que queiran gozar a liga Endesa 2014/15 noutro asento aproveitando posibles vacantes.

Os accionistas con dereito a desconto que queiran aproveitar estes últimos momentos de preferencia terán a súa 30% de rebaixa, mentres que os abonados terán un 10%. Ambos se combinan co Prezo Reducido en caso de pertencer a algún dos seguintes colectivos: menores de 18 anos, maiores de 65, estudantes menores de 25, parados de longa duración ou federados do ámbito do baloncesto.

Tamén é acumulable a atractiva promoción “Trae a un amigo”, que suma ao antigo abonado un 10% máis de oferta por cada novo abonado que anime a unirse ao Rio Natura Monbus para gozar con el os partidos da tempada próxima.

As renovacións de abonos pódense levar a cabo as 24 horas do día a través da páxina web (www.obradoirocab.com), ou nas oficinas do club, con horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, salvo os próximos xoves 17 e venres 18, que o horario de tarde verase modificado de 16.00 a 18.30 horas.

14 de xullo de 2014 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.