A calidade da auga na praia de Cedeira acada o grado de excelente para o baño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A calidade da auga na praia urbana da Magdalena, en pleno corazón da vila de Cedeira, obtivo a consideración de excelente para o baño nos análises realizados este mes a pé de campo. Uns análises que encargou o Concello de Cedeira a un laboratorio externo, Labaqua, e que se centraron na medición de dous parámetros: o nivel de enterococos e de escherichia coli. Segundo as mostras analizadas, no primeiro caso sitúase en 35 ufc por 100 ml e, no segundo, de 43 ufc por 100 ml. Para obter a consideración de boa, o nivel de enterococos debería situarse por debaixo dos 200 ufc e, para a de excelente, o nivel cae ata os 100, namentras que no suposto da escherichia coli eses rexistros deberían ser inferiore a 500 para a calificación de boa e de 250 para excelente. Por tanto, as analíticas citadas, cuxas mostras se tomaron o 17 de xullo, avalan a calidade da auga. Feito que tamén se constata a través dos análises realizados pola Consellería de Sanidade, competente na materia –aínda que a calificación cae de excelente a suficiente ao facer unha media dos últimos cinco anos.

23 de xullo de 2014 | 15:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.