A bombeira ourensá Almudena Suárez participará no Campionato de Europa de Policías e Bombeiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOurense
A-
A+
Almudena Suárez na recepción municipal

Almudena Suárez na recepción municipal

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, recibiron esta mañá no Concello a Almudena Suárez Pazos, bombeira ourensá que participará no Campionato de Europa de Policías e Bombeiros, que se desenvolverá do día 12 ao 21 de xullo en Bruxelas. A bombeira, que contará co apoio do Concello para participar nesta proba, lucirá unha equipación co logotipo de “Ourense, Capital Termal”, coa finalidade de que a súa participación neste evento sirva para a promoción do potencial de Ourense como destino turístico e termal

9 de xullo de 2014 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.