A Biblioteca Provincial da Coruña traballará por facer accesible a lectura ás persoas con deficiencias visuais
A Biblioteca Provincial súmase á feira do libro da Coruña cun programa propio no que destacarán as sesións formativas para achegar a lectura a todos os colectivos, incluíndo aquelas persoas con algún tipo de deficiencia visual.
Así, o centro dependente da Deputación da Coruña pretende facer accesible a lectura a todo o mundo. Para iso, organizará ata tres sesións formativas sobre lecturas 2.0 a longo da próxima semana. Nestas charlas abordarase o funcionamento dos audiolibros, dos libros electrónicos e de obras con letra más grande para facilitar a lectura. Ademais, explicarán os fondos deste tipo dos que dispón a Biblioteca Provincial e como se poden levar prestados.
As sesións serán no stand da secretaría da feira o martes ás 12.00 horas, o mércores ás 18.30 e repetirase o venres para pechar o programa.
Entre as actividades para nenos se organizará un obradoiro infantil o próximo luns en horario de 12.00 a 13.30 horas na carpa habilitada nos xardíns de Méndez Núñez. A actividade é aberta e libre a todo o mundo ata completar aforo.
Por outra banda, a Biblioteca quere darse a coñecer e por iso, dende mañá mesmo haberá información sobre a súa sede e recomendacións de lectura no stand da secretaría da feira. Será entre as 18.00 e 19.30 horas. Esta mesma actividade repítese o martes 5, o xoves 7 e o venres 8 en distintos horarios.











