A Biblioteca Municipal de Monforte inicia o horario de verán
A Biblioteca Municipal terá horario de verán a partir do luns día 14 de xullo e ata o día 31 de agosto, permanecendo aberta ó público só en horario matinal.
Dende o luns día 14, a Biblioteca Municipal abrirá exclusivamente pola mañá e farao adiantando unha hora a súa apertura habitual, de 9:00 a 13:30 h.
A concellería de Educación e Cultura adoptou esta decisión despois de constatar que nas tardes de verán a asistencia á Biblioteca resulta practicamente nula, máis agora cando os universitarios/as xa non teñen exames no mes de setembro.
O día 1 de setembro a Biblioteca Municipal recuperará o horario no que abre durante o resto do ano, de 10:00 a 13:30 h. polas mañás e de 16:00 a 20:00 h. polas tardes.











