A biblioteca de Ferrol acolle un obradoiro para reducir o estrés e a ansiedade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Biblioteca Municipal Centralde Ferrol celebrará os vindeiros mércores 9 e 16 de xullo, un obradoiro de Mindfulness coa presenza do instrutor Jose María Ros Togores. Esta actividade, dirixida a persoas maiores de 18 anos, desenvolverase entre as 11 e 13 horas e o límite de prazas é de 15.

Este taller de Mindfulness ten como finalidade reducir o estrés e acadar unha maior calidade de vida. Así, as persoas interesadas en participar nesta actividade poderán formalizar a súa inscrición no mostrador de información da planta baixa da Biblioteca Municipal. Entre os beneficios que proporcionan a práctica de Mindfulness destacan a redución da ansiedade, hiperactividade e impulsividade así como de síntomas da depresión. Ademais, contribúe a mellorar a regulación emocional, as habilidades sociais e o control da atención e a memoria.

7 de xullo de 2014 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.