A Banda Municipal de Lugo ofrecerá un concerto para festexar o 25 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, organiza para mañá, venres, día 25 de xullo, un concerto da Banda Municipal de Lugo, con motivo da festa do Apóstolo Santiago.

A Banda ofrecerá o concerto ás 12.30 horas, na praza Maior, dirixida por Rosendo Ivorra Jover e no que actuará como solista o gaiteio Julián Villamar Regueiro. O programa está formado polas seguintes composicións:

– Lugo Ferrol (pasodobre), Baudot

– A lenda de Montelongo (suitte galega), Bernardo del Río

– Maruxiña (muiñeira), José Iglesias Ramilo

– Banda galega (pasodobre), F. Pérez Seara

– Alborada galega (alborada), Carricoba

– Airiños aires (rapsodia galega), Gustavo Freire

– Churrusqueira (xota galega), E.García Rey

– Os tres galeguiños (pasodobre), Mestres Groba

24 de xullo de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.