A Banda municipal de Lugo ofrecerá un concerto no Parque Rosalía de Castro
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, organiza mañá, xoves día 10, un concerto da Banda Municipal de Lugo, que se celebrará no Parque Rosalía de Castro.
A Banda actuará ás 19.30 horas, baixo a dirección de Rosendo Ivorra Jover, e interpretará as seguintes composicións:
– Pomposo (pasodobre), Jesús Vázquez L.
– Miniatures for band, I.R. Defoort
– Cando, cando cando (samba), Testa-Tonyrenis
– A illa das perlas (selección), P. Sorozábal
– De popa a proa (pasodobre), Jesús Vázquez L.
– Festa rusa, J. Frígola
– Agüero (pasodobre), José Franco
Os próximos concertos serán o día 17 de xullo, no Parque da Milagrosa, e o día 25, na Praza Maior.











