A Baña comeza o Verán Voluntario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O Concello da Baña iniciou a súa programación para o verán, pese ao tempo inestable. O Verán Voluntario 2014 na Baña conta cunha serie de actividades e aposta, según informa o propio Concello, “pola conciliación da vida laboral e familiar ofrecendo servizos ás familias durante os meses de xullo e agosto” dende as 9.00 ata as 14.30 horas de luns a venres.

Este mes tamén comenzou o Campamento lúdico-deportivo na Área Recretiva Agra de Chans, que irá do 1 ao 31 de xullo. E de 9.00 a 14.00 horas. Algúns días as actividades tiveron que facerse baixo teito a causa do tempo de chuvia. Esta semana tamén abriu a piscina municipal. Os máis novos aproveitaron as xornadas de sol para disfrutar da piscina. Funcionará ata o 7 de setembro. Os cursos de natación irán ata o 31 de xullo en horario de 11.00 a 13.30 horas. Está destinado a nenos a partir dos catro anos. 

A Baña contará este ano coa presenza dun importante número de voluntarios e voluntarias tanto por parte da Consellería de Traballo e Benestar, co Voluntariado galego, como por parte do Programa Juventud en Acción co Servizo de Voluntariado Europeo.

9 de xullo de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.