publicidade hoxe

A Baña comeza a reforma da Praza do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

Esta semana comezaron en San Vicenzo da Baña as obras de reforma da Praza do Concello, onde está situada a sede do Concello da Baña. O proxecto de humanización, xunto coa mellora das rúas Castealo e Rosalía de Castro, estará listo en agosto.

O proxecto de humanización das rúas Castelao, Rosalía de Castro e a praza do Concello conta cun orzamento de 240.000 euros. As obras da reforma da Praza do Concello comezaron esta mesma semana. Pola súa banda, xa poden apreciarse cambios na renovación das beirarrúas das rúas Castelao e Rosalía de Castro, cuxa renovación está case finalizada. Os operarios e maquinaria da empresa encargada de acometer o proxecto (Oviga) levan case tres meses traballando no núcleo urbano da capital da Baña.

As obras afectan a un quilómetro de rúas. A Deputación da Coruña asumirá un investimento de 191.000. O resto (case 48.000 euros) serán afrontados polo Concello da Baña. O total do investimento sumo 240.000 euros. As rúas Castelao e Rosalía de Castro así como a Praza do Concello eran propiedade da Administración autonómica ata que, coa apertura das novas vías de comunicación, acometeuse a súa desafección. E pasaron a ser propiedade do Concello da Baña. Nestas infraestruturas non se acometeu ningunha mellora no últimos trinta anos.

A ‘humanización’ do centro urbano da Baña será a fondo. As obras inclúen unha reforma das beirarrúas, construción de arquetas e novas acometidas a ambos os dous lados da calzada con tubaxes de PVC. As rúas e a praza contarán con novo mobiliario urbano, con luminarias de farol e con nova sinalización para peóns.

18 de xullo de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.