publicidade hoxe

A Baña celebrará o 2 de agosto a súa Festa dos Maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O Concello da Baña, como xa é tradición todos os anos, cita a todos os seus veciños de máis de 55 anos á celebración da Festa dos Maiores. Será o vindeiro sábado, día 2 de agosto, na área Recreativa Agra de Chans. A festa e diversión está garantida. Todo estará preparado para unha comida dunhas 600 persoas, que poderán degustar empandas, polbo á feira, carne ó caldeiro con patacas, e sobremesas variadas. Antes da comida está prevista unha misa campestres ás 13.30 horas. A comida será ás 14.15 horas. Tras o ‘xantar’ haberá música, que correrá a cargo da Requinta da Laxeira. Os acordes comezarán a soar á primeira hora da tarde, a iso das 17.00 horas.

As veciñas e veciñas que desexen acudir deben ter máis de 55 anos de idade, estar empadroados no Concello da Baña, recoller a invitación no Departamento de Servizos Sociais do Concello e o día da festa deben presentar o seu DNI coa invitación.

31 de xullo de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.