A aula de ecoloxía urbana de Ferrol organiza un obradoiro gratuíto de limpadores ecolóxicos para adultos
A Aula de Ecoloxía Urbana (AEU) do Concello de Ferrol, organiza os vindeiros días 2 e 3 de agosto un obradoiro de limpadores ecolóxicos para adultos. Nesta actividade, que se desenvolverá de 17 a 19 horas, os participantes realizarán materiais de limpeza para o fogar con produtos naturais.
Este obradoiro gratuíto permitirá que os asistentes aprendan a fabricar de maneira ecolóxica e natural diferentes produtos como: lixivias, deterxentes, desinfectantes e demais produtos de limpeza comerciais. Para apuntarse no obradoiro de limpadores ecolóxicos e obter máis información os interesados poderán consultar a páxina web: >www.facebook.es/aeuferrol, enviar un correo electrónico a: aeuferrol@mundo-r.com ou chamar ao teléfono: 981 94 42 22. O prazo límite de inscrición remata o vindeiro xoves, día 30 de xullo.











