A asociación xuvenil Mosslot participa nas 24 Horas Internacionais de Trofa
A Asociación Deportiva e Xuvenil Mosslot participará a vindeira fin de semana nas24 Horas Internacionais de Trofa, Oporto.
Dous serán os equipos que representen aMosslotnunha das competicións máis importantes da Península Ibérica. O primeiro equipo está composto por cinco pilotos de experiencia contrastada neste tipo de eventos que se despraza aTrofacoa firme intención de ocupar unha das tres prazas de podio. Jorge Vilariño,Brais Lorenzo, David Monteiro,Samuel GrañaeCarlos Hermida serán os pilotos integrantes do primeiro equipo.
O segundo equipo está formado por unha mestura de veteranía e xuventude, os seus obxectivos serán facer un bo papel sen renunciar a nada, e que os máis mozos collan experiencia para futuras edicións. Adolfo Queimaliños,Alberto Martínez,Álvaro Rodríguez, AnxoLorenzoeGabriel Mariño participarán co segundo coche.
O mosense Gabriel Mariño, encadrado no segundo equipoMosslot, será, con 13 anos, o piloto máis novo dos vinte equipos inscritos para a proba. Serán tres días de dura competición, comezando o venres 11 ás 13:00h cos primeiros adestramentos libres. Ás 21:00 horas realizarase a manga de cualificación que dá opción a elixir o carril de saída. O sábado 12, ás 09:00 horas comezarán os segundos adestramentos libres para realizar os últimos axustes nos coches, para a continuación ás 10:30 horas, e coa configuración de carreira nos coches, realizar oWarm Up. Ás 11:00 horas dará comezo a proba que finalizará o domingo.
Cada piloto realizará mangas de 83 minutos, e durante a noite apagaranse as luces do pavillón e os pilotos teranse que guiar polas luces do circuíto e as dos propios coches. As incidencias da proba poderanse seguir en www.ligaclubesslot.com.











