A Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol recibe un lote de libros para a súa biblioteca
A Deputación cede un lote de libros á Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol. Foi o deputado Miguel de Santiago quen fixo entrega das obras aos portavoces da ASCM. Trátase dunha doazón procedente das últimas publicacións editadas pola imprenta do ente provincial, con temátiva diversa que inclúe tanto novela como libros de arte ou manuais de historia. O lote de libros pasará a formar parte dos fondos da biblioteca da asociación.











