A Asociación de veciños O Cruceiro de Bribes celebra o seu XIV Aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O vindeiro sábado día 19 de xullo a Asociación O Cruceiro de Bribes celebrará a súa XIV Aniversario a partir das 20.00 horas na pista polideportiva da parroquia. Coincidindo coa cea, gratuíta para os socios, levará a cabo unha homenaxe a un dos seus socios máis ilustres, Antonio Mantiñán, que cumpriu 100 anos o pasado mes de maio. O evento estará amenizado por un dúo musical e espérase a asistencia de case 150 comensais.

18 de xullo de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.