A Asociación de Empresarios Ferrolterra e BBVA asinan un convenio de colaboración
BBVA asinou hoxe un convenio de colaboración financeira e de servizos coa Asociación de Empresarios Ferrolterra.
Con este novo acordo, BBVA pon a disposición dos membros da A.E.F. un amplo conxunto de produtos e servizos financeiros para apoiar as súas necesidades, coa finalidade de favorecer o desenvolvemento da súa actividade económica, produtividade e innovación tecnolóxica.
“A firma deste convenio de colaboración responde o compromiso de BBVA con Ferrol, que se une ao noso firme apoio ao tecido empresarial galego, pondo á súa disposición as nosas fortalezas para afrontar os seus retos futuros: innovación, internacionalización e financiamento solvente” afirmou Enrique de la Fuente, director do Centro de Banca Comercial de BBVA en Ferrol-Praza de España. Por parte da A.E.F. foi o seu presidente, José Ramón Caaveiro, quen procedeu á firma, afirmando que con estas actuacións trátase de apoiar ás empresas, tratando de facilitar o acceso ao financiamento”.
Mediante a firma deste acordo, os asociados adheridos á asociación poderán obter, entre outras vantaxes, xestión de cobros, xestión diaria, convenios de financiamento ICO, financiamento de circulante, financiamento a medio e longo prazo e seguros.











