A Asociación de Empresarios de Ferrolterra organiza a conferencia “A túa mellor versión 2.0”
A Asociación de Empresarios Ferrolterra en colaboración co INSTITUTO BEN PENSANTE, trae a Ferrol o TOUR ICC 2014 que se está celebrando en varias cidades galegas, sendo Ferrol a terceira cidade galega que acolle este Tour. Baixo o título “A túa mellor versión 2.0”, Daniel Álvarez dará a coñecer unha serie de pautas para saber situarnos na nosa mellor versión nas nosas relacións profesionais. Falaremos sobre a importancia de aliarnos co noso corpo para conseguir o estado ideal que pasamos toda a vida buscando, e veremos como facelo.
Ao finalizar a exposición, haberá tempo de preguntas por parte dos asistentes. A conferencia terá lugar o luns, 14 de xullo ás 19.00 horas na Asociación de Empresarios Ferrolterra, e será impartida por Daniel Álvarez Lamas (Fundador do Instituto Ben Pensante e Trainer Oficial do ICC en España) e Marcela Parga Fernández (Experta en Conciliación e rendemento laboral. Coach de ICC).
O evento é gratuíto, previa inscrición: info@empresarios-ferrolterra.org/ info@benpensante.com, ou ben no 981 333 305/ 981 531 570, máis información na web da AEF: www.empresarios-ferrolterra.org











