A Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio de Tomiño celebra o seu 25 aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

Este sabado dia 26 de Xullo a Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio de Tomiño vai celebrar un festival folclórico e unha feira de artesanía. Todo isto no marco do seu 25 Aniversario.

O inicio da feira sera a iso das 11:00h e contarase con algo máis de 30 artesanos, exposición de arte, e para os máis cativos dous inchables durante todo o día. Ademais haberá obradoiros un de decoración de galletas e demostración de como traballa un torno de madeira completamente artesanal que fara unhas peciñas durante todo o dia e que correrá a cargo do artesán gaiteiro Jose Nebra. Tamén haberá algo de gastronomía.

A música estará tamén presente pola mañá e pola tarde. De mañá correrá a cargo da TREBOADA OS DA FONTE DO FRADE. E pola tarde con O TREBON DOS XIDOS  e o grupo de gaitas ALGARADA que amenizará coas suas melodias. Xa a noitiña cara as 21:00 iriciarase un pequeno desfile dos grupos participantes no festival e… unha actuación sorpresa. O remate do festival faranse varios sorteos presenciais.

21 de xullo de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.