A área de Saúde de Ourense organiza obradoiros de pilates, control de estrés, actividades acuáticas e ioga para mulleres xestantes
A concelleira de Saúde e Benestar Social, Marga Martín, presentou esta mañá xunto á coordinadora das actividades, Yolanda Colmenero, varios cursos en verán destinados a mulleres embarazadas, co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da educación para a saúde nas xestantes. Trátase de obradoiros ao aire libre de pilates e control de estrés, ioga, e actividades acuáticas.
O obxectivo principal das mesmas é mellorar a saúde física, psíquica e social das mulleres embarazadas, como primeiro paso para comezar a crear unha sociedade sana. Todas as actividades, que xa teñen o período de inscrición aberto, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto.
O vínculo afectivo nai bebé comeza a formarse no embarazo, puidendo verse afectado por unha serie de factores interpersoais e ambientais (apoio social, presencia de estresores, etc.). Os efectos máis coñecidos do estrés materno son o parto prematuro e o baixo peso ao nacer. Así mesmo, o estrés e a ansiedade durante o embarazo poden condicionar o desenvolvemento cognitivo, emocional e conductual dos fillos ata a idade adulta, incrementando o risco de que padezan trastornos emocionais de conducta ou hiperactividade.
Marga Martín fixo balance da participación nestes cursos ao longo do que vai de ano. “Máis de 100 mulleres participaron xa nas actividades acuáticas, e máis de 200 en ioga e pilates, só no que vai de ano. Agora, coa chegada do verán, podemos aproveitar o bo tempo para facer estas mesmas actividades ao aire libre, coas vantaxes que supón”. A concelleira salientou que “a nosa institución é pioneira e está á vangarda nas actividades ofrecidas a mulleres xestantes”.
Á presentación asistiron tamén as profesoras dos cursos: María Novoa, de ioga, María Andrés, de pilates e Dorinda Udías, de control de estrés. Para máis información e inscricións, as interesadas poden chamar ao teléfono 988510622.
Os cursos son os seguintes:
OBRADOIRO AO AIRE LIBRE DE PILATES PARA EMBARAZADAS
Luns e mércores de 9.30 a 10.30h no Parque Miño
OBRADOIRO AO AIRE LIBRE DE MINDFULNESS:
EMBARAZO CONSCIENTE E CONTROL DO ESTRÉS
Martes de 10h a 11.30h no Boulevar do Centro Termal das Burgas
ACTIVIDADES ACUÁTICAS PARA EMBARAZADAS
Martes e xoves de 10.15 a 11h
Martes e xoves de 11h a 11.45h
Pavillón Municipal dos Remedios
OBRADOIRO DE IOGA PARA EMBARAZADAS
Luns e mércores de 19h a 20h
Centro de promoción da saúde, rúa Vasco da Ponte, 1 As Lagoas
Programa de apoio á lactancia materna
Ademais destas actividades para embarazadas, a Concellería de Saúde continúa ofrecendo intervencións socio educativas ás familias, co obxectivo de pór en valor a maternidade, fomentando a confianza e a autoestima das mulleres como creadoras, coidadoras e transmisoras de intervencións claves para a vida dos nenos e das nenas, a través do programa de apoio á lactancia materna, que ofrece:
– Atención individualizada sobre lactancia
– Préstamo de extractores de leite
– Servizo de biblioteca sobre maternidade, lactancia e crianza
– Distribución de manuais de lactancia
– Edición do Sexto Concurso de Fotografía sobre Lactancia Materna, cuxo prazo remata o 15 de setembro
– Obradoiro de lactancia materna, que terán lugar os días 15 de xullo e 18 de agosto, ás 18:30 h.












Buenas tardes!
Me parece muy bien todo lo que están ofreciendo pero lo que no puedo entender es que esté dirigido a futuras madres que no trabajan (las actividades acuáticas y pilates todas de mañana y la lactancia materna a las 18.30), muchísimas mujeres trabajamos por las tardes en un horario de 16h a 20h y nos es imposible asistir a estos cursos interesantes.
Agradecería que pensasen un poco en las demás mujeres y pongan algunos cursos de 20h a 21h, por ejemplo. En mí caso he llamado varias veces por si ponían un horario más tarde y a día de hoy no he dado ni una sola clase ni curso y ya estoy de 6 meses y por lo que veo continuaré así…
Reciban un cordial saludo.