A área de Deportes do Carballiño organiza os torneos de 3×3 na pista vermella e a andaina da Madanela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A área de Deportes, que dirixe o edil Rodrigo González Hermida, organiza un ano máis os torneos 3×3 na Pista Vermella, desde o 21 de xullo até o 1 de agosto. O primeiro campionato será o de Baloncesto 3×3, para a categoría de nenos e adultos. Este campionato comezará o día 21 de xullo, e prolongarase até o 24 do mesmo mes.

O día 28 de xullo comezará o campionato 3×3 de futbol, tamén na Pista Vermella, e tamén para nenos e adultos, finalizando o 1 de agosto. Todos os interesados en participar nestes campionatos poderán inscribirse na área de Deportes do concello do Carballiño, situada na segunda planta da Consistorial, de luns a venres en horario de mañá.

Doutra banda , tamén a área de Deportes, organiza a IV andaina á romaría da Madanela, que terá lugar o vindeiro martes, 22 de xullo, desde as 10:00 horas, con saída desde a Pista Vermella, estando previsto o regreso ás 15:30 a Ou carballiño, en autobús. Todos os participantes, que poderán inscribirse na mesma área de Deportes, recibirán un pano conmemorativo e un picnic para comer na propia festa.

15 de xullo de 2014 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.