A área de Cultura dá a coñecer o cartel oficial das Festas de Santa María de Cambre
A concellaría de Cultura acaba de dar a coñecer o nome do gañador do III Concurso de Carteis das Festas de Santa María de Cambre. Purificación Montero González procedente de Castropol, Asturias, foi a gañadora do certame e terá a honra de que o seu deseño sexa a imaxe das festas patronais.O certame conta cun único premio, que está dotado con 300 euros. Cada concursante presentou unha única obra, orixinal e inédita e o texto do cartel deberá estar escrito en galego, detallar as datas das festas e incluír a imaxe corporativa do Concello. A imaxe elixida polo xurado destaca polo contraste entre a cor festiva da pintura e os elementos arquitectónicos reconocibles como a ponte do Burgo ou a igrexa Románica de Cambre. O edil de Cultura, Santiago Ríos, asegura que o concurso do cartel é unha mostra do seu obxectivo de apoiar aos novos talentos do deseño gráfico. “Trátase do terceiro ano consecutivo que pomos en práctica esta iniciiva e estou convencido de que debemos mantela no tempo”, apuntou.











