A aprobación da conta xeral de 2013 será sometida a pleno o vindeiro luns en Allariz
O Salón de sesións da Casa do Concello de Allariz acollerá, o vindeiro luns 28 de xullo, sesión ordinaria do pleno municipal, a partir das 10.00h.
A orde do día inclúe a aprobación definitiva da conta xeral de 2013 así como a ratificación do Decreto sobre as festas locais 2015.
Por outra banda solicitarase unha prórroga dun contrato de aluguer de parcelas con opción de compra no Parque empresarial de Chorente. E por último o BNG presentará unha moción sobre o xenocidio que o Estado de Israel está a cometer contra Palestina.
Para rematara abrirase unha queda de rogos e preguntas.