A aposta croata do Santiago Futsal chámase Kristijan Postruzin

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Kristijan Postruzin

Kristijan Postruzin

O Santiago Futsal pechou a súa primeira fichaxe para a tempada 14.15 coa incorporación de Kristijan Postruzin, procedente do MNK Alumnus, actual campión da liga croata.

Desde a celebración do Mundialito de Kuwait, onde participou o seu equipo, o corpo técnico do Santiago Futsal fixo un seguimento a un dos xogadores máis destacados do mesmo, o cal foi nomeado mellor xogador novo. Tras o seu papel destacado na consecución do campionato de liga co MNK Alumnus o Santiago Futsal decidiu incorporalo ao seu primeiro persoal para a tempada 14.15 con tan só 19 anos. Finalizou a tempada con 13 goles, sendo un dos máximos goleadores do equipo.

Santi Valladares define ao xogador como “unha á destra con moita mobilidade, bo disparo, intelixente tacticamente e con moitas ganas de mellorar nun equipo como o noso. Fixámonos nel desde que o vimos no Mundialito de Kuwait e chamounos a atención porque parecía un xogador cun perfil perfecto para o Santiago Futsal, hai xa un ano que o viñamos seguindo e creemos que este é o momento perfecto para que veña a Santiago.”

7 de xullo de 2014 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.