A alcaldesa de Marín reúnese coa Cámara de Comercio, Industria e Navegación
Esta mañá a Alcaldesa de Marín recibiu ao Presidente da cámara de Comercio, Industria e navegación de Pontevedra.
O seu Presidente Eduardo Barros solicitou unha entrevista co Concello de Marín e a Autoridade Portuaria, estando tamén presentes o seu Presidente José Benito Suárez Acosta e o concelleiro de urbanismo e facenda Manuel Santos, así como a secretaria da cámara Charo Lorenzo.
A reunión tiña o obxectivo de expor unha serie de iniciativas encamiñadas a desenvolver plans de formación que ofrecerán a partir do mes de setembro e que pretender posibilitar ao sector industrial, empresarial, comercial e dos mercados unha serie de ferramentas que de maneira gratuíta lles faciliten o seu labor e se orienten a profesionalizar e avanzar dentro de cada un dos contidos que se desenvolvan.
O concello de Marín participa nestas iniciativas que pretenden dar un impulso no pequeno, mediano comercio, así como na pequena, mediana e gran empresa, ofrecendo Marín esta posibilidade de atopar un tecido produtivo que englobaría tamén ás prazas de abastos.
Desde o concello de Marín e desde o Porto considérase a iniciativa como moi positiva para tratar de coordinar en varias actuacións contidos que sexan de interese real para as empresas que están situadas nesta zona, e tratar de coordinar esforzos entre todos para favorecer a apertura e a modernización e internacionalización das empresas neste momento de gran dificultade.











