A AECC de Ourense alerta da presenza de timadores que solicitan donativos para a organización sen autorización
A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense quere infomar e poñer en coñecemento da poboación, despois de recibir diversas chamadas de diferentes comerciantes da cidade e particulares, que nestes días un grupo de persoas están a pedir donativos para axudar a nenos con leucemia en nome da AECC portando carpetas co logotipo desta entidade.
A AECC quere advertir que se está utilizando o noso nome e logotipo de maneira ilegal xa que estas persoas non pertencen a esta entidade nin actúan en nome dela. Agradeceríamos que no caso de atoparse con estas persoas denuncien ás autoridades pertinentes esta actividade.
Así mesmo informamos que cando a AECC realiza algunha actividade na rúa, xa sexa informativa ou con fins recaudatorios, os voluntarios e colaboradores van autorizados e con algunha prenda identificativa, ademáis de publicitar previamente nos diferentes medios esta actividade.











