publicidade hoxe

126 marcas e 13 catas temáticas protagonizarán o túnel do viño D.O. Rías bBaixas en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal PortadaPontevedra
A-
A+

O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas tomará parte mañá, mércores 30 de xullo, a partir das 13h na inauguración da LXII Festa do Viño Rías Baixas Albariño de Cambados nun acto que terá lugar no Paseo do Calzado, onde estarán instaladas as 42 casetas con 44 adegas da D.O. Rías Baixas. Será o primeiro dun longo número de actividades que terán lugar até o domingo no marco desta festa e que, no caso do CRDO estarán moi centradas na cuarta edición do Túnel do Viño e Catas Temáticas D.O. Rías Baixas e a tradicional Cata-Concurso Rías Baixas, que chega á súa 26ª edición.

Así, o Túnel do Viño abrirá as súas portas no Salón de Congresos e Exposicións José Pena desde o xoves 31 a partir das 11h. e até o vindeiro domingo 3 de agosto. En xornadas de mañá e tarde, de 11h a 13.30h e de 18h a 20.30h, excepto o domingo que só haberá sesión de mañá, os participantes poderán degustar un total de 126 marcas pertencentes a 56 adegas desta denominación de orixe. Trátase dunha oportunidade para catar diferentes tipos de viño Rías Baixas, nunha contorna que se axusta ás necesidades dunha sala de catas por un importe único de 15 euros. As entradas poden adquirirse no propio salón José Pena, no paseo marítimo cambadense.

Incluída no programa de actividades da LXI Festa do Rías Baixas Albariño de Cambados, no Túnel do Viño vén nesta edición cunha importante novidade: as Catas Temáticas, que permitirán profundar no coñecemento dunha ducia de adegas pertencentes a esta D.O. a través de 13 sesións maxistrais dirixidas por enólogos das adegas da D.O. Rías Baixas.

Paralelamente, o CRDO Rías Baixas celebrará o XXVI Certame Cata Concurso Rías Baixas Albariño, no que participarán 65 marcas. O Panel de Cata celebrará a Cata Prima no Salón Bazán do Parador de Cambados o sábado 2 de agosto, ás 10:00 horas. A Cata Derradeira terá lugar no mesmo lugar o domingo 3 de agosto, ás 11:00 horas. Os premiados serán dados a coñecer tras a Comida Oficial do Capítulo Serenísimo do Albariño, o domingo 3 de agosto ás 14:30 horas no Pazo de Torrado. Antes terá lugar a recepción de autoridades no Concello (12:30 h.) e o desfile do Capítulo Serenísimo do Albariño cara ao Pazo de Fefiñanes, onde se entregarán as distincións e nomeamentos de “Damas e Cabaleiros do Albariño”, “Follas de Prata”, “Xovenes Albariñenses” e “Albariñenses de Honra”

29 de xullo de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.