XXII Festival Coral de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVerín
A-
A+

O sábado 21 de xuño, a partir das 20 horas, a Igrexa da Mercé acollerá o XXII Festival Coral de Verín.

Neste acto participarán a Coral Polifónica de Chantada, Agrupación Coral Polifónica de A Guarda e e Asociación Verinense ‘Amigos da Música’, que interpretarán os temas O compañeiro, O viño de Chantada, Os cesteiros de Cachamón, Terra Meiga, Roseiriña, No niño novo do vento, El viejo puerto, Campanitas de Cristal ou Volver, entre outros.

No festival, organizado pola Asociación Verinense ‘Amigos da Música’, colaboran Concello de Verín, Cabreiroá, Denominación de Orixe Monterrei, RR.PP Padres Mercedarios, PCT Puertas de Galicia, Federación Coral Galega, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Deputación de Ourense. No mesmo, que naceu no ano 1997, participaron ao longo destas últimas edicións agrupacións galegas, portuguesas e casteláns.

19 de xuño de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.