Xuviño pecha as súas portas co sorteo de premios do I Concurso de Fotografía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A quinta edición de Xuviño pechará esta tardenoite as súas portas co sorteo de premios do I Concurso de Fotografía vía facebook Quedamos en Xuviño! Será a partires das oito do serán e nel participan máis de medio centenar de internautas. Os detalles en xogo consistirán nunha fin de semana de enoturismo, ceas en negocios hosteleiros da vila ou lotes de botellas de viño. Así mesmo, sobre a mesma hora, e por iniciativa do establecemento local O Carreiro –presente no Encontro dos Viños de Narón e Neda– e El Bus de Neda se celebrará unha gran mexilonada popular. A concelleira de Promoción Turística de Neda, Montse Rico, fixo esta tarde balance da quinta edición de Xuviño e explicou que as cifras foran positivas, aínda que menores respecto a outras convocatorias, cando se tiñan superado os 20.000 asistentes. A expensas de cifras definitivas, xa que hoxe conclúe o encontro, a crise, a climatoloxía e a coincidencia con outras citas culturais ou lúdicas na comarca nestas xornadas poden ser, na súa opinión, as razóns que xustifican ese menor público aínda a pesares de incrementar a oferta de actividades paralelas ao certamen e o número de bodegueiros presentes.

23 de xuño de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.