publicidade hoxe

Xuviño agasalla aos gañadores do concurso de fotografía cunha fin de semana de enoturismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Juan Luis Vilela resultou gañador do primeiro premio do sorteo celebrado no marco da primeira edición do Concurso de Fotografía vía facebook “Quedamos en Xuviño!”. E, como tal, recibirá como agasallo unha fin de semana de enoturismo para dúas persoas. A relación de agraciados no sorteo complétase con Maia Peñas (2º), Francisco Javier Navidad (3º) e M. Graña (4º), que recibirán sendas botellas magnun de Rioja Arnegui e dúas entradas para o Monfero Sound, evento multitudinario que se celebrará o próximo domingo no Concello de Monfero.

Segundo explicou a concelleira de Turismo de Neda, Montse Rico, o sorteo realizouse a pasada fin de semana no salón de plenos do Concello en presenza do secretario municipal e nel participaron máis de medio centenar de persoas que presentaron as súas fotografías co cartel de Xuviño, Encontro dos Viños de Neda e Narón. Unha iniciativa coa que a organización quixo promocionar a cita, que se desenvolvía a finais do mes de xuño no paseo marítimo. A boa participación rexistrada augura, segundo a edil, a continuidade do certame. Así mesmo, a organización quere agradecer a colaboración de Juan Pablo Carral Anca, de O Carreiro Taberna, xa que donou os premios para o segundo, terceiro e cuarto clasificados, así como polo seu apoio nas actividades que se realizan dende o Concello de Neda. Por último, sinalar que dende esta semana, os premiados poden recoller os obsequios no Concello de Neda, en horario de mañá.

30 de xuño de 2014 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.