Xuventude de Cangas prepara os campamentos de día cunha xuntanza coas familias dos participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Concellería de Cultura, Educación, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado organiza unha reunión cos pais se nais dos nenos e nenas participantes nos campamentos de día postos en marcha polo goberno local de cara a temporada estival. A xuntanza terá lugar mañá ás 19.00 horas para as familias dos nenos e nenas de 4 a 6 anos e a partir das 19.30 as familias dos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos na Casa da Xuventude. Na reunión estará presentes o concelleiro de Cultura, Educación, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado José L. Gestido, responsables de Xuventude así como os monitores que desenvolverán as diferentes actividades para resolver as posibles dúbidas.

Os campamentos de día impulsados polo Concello de Cangas comezarán o vindeiro luns 30 de xuño en horario de 10.00 a 13.30 horas e van dirixidos en dúas quendas a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos. Como novidade este ano realizaranse deportes náuticos.

24 de xuño de 2014 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.