Xunta e Mancomunidade acordan un plan de promoción turística do xeodestino Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal Portada
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu esta tarde una nova sesión ordinaria da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol. Os rexedores abordaron o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e o organismo supramunicipal para a realización de actividades de promoción e información do turismo na comarca de Ferrolterra. Os obxectivos que se pretende acadar a través deste convenio son: integrar o conxunto de oportunidades para o desenvolvemento turístico existente na comarca (recursos singulares, produtos desenvolvidos, implicación de empresariado e tecido asociativo…); planificar de forma estratéxica e establecer as bases para a especialización e a maduración do produto e das distintas ofertas en futuras anualidades; contribuír á definición e fortalecemento da marca turística Ferrolterra e dos seus produtos; e manter a continuidade das actuacións para o desenvolvemento turístico no territorio de Ferrolterra, tendo en conta o potencial deste sector para a economía comarcal.

As liñas de actuación para difundir o xeodestino de Ferrolterra contempla a coordinación dos concellos e das oficinas de turismo da zona, a creación dunha imaxe de marca e un espazo web, a edición de material promocional e informativo (mapas, guías, folletos…), asistencia a feiras e o deseño e comercialización de paquetes e actividades coa participación do empresariado. Os eixes do acordo de cooperación entre a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrolterra e a Administración autonómica céntrase no turismo industrial e artesanal – gastronómico (naval, pan de neda, pementos do couto, conserveiras…), camiños de peregrinación (San Andrés e Camiño Inglés), a costa activa (praias, surf, deportes náuticos, paisaxes…) e as fragas do Eume e espazos naturais de interior.

O plan turístico de Ferrolterra enmarcado dentro do programa operativo FEDER Galicia, esta cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o montante total de 87.500 euros, que se destinarán a actuacións xerais (creación dunha imaxe de marca, espazo, web, diverso material promocional, asistencia a feiras, etc.); actuacións temáticas relativas ao turismo industrial, gastronómico, artesanal ou de natureza; e actividades de formación e dinamización co desenvolvemento de obradoiros para o emprendemento e a creación de negocio e oferta turística.

9 de xuño de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.