publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e Consorcio Local Conca do Lérez colaboran na conservación da biodiversidade do seu territorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroCerdedoCotobadeLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O director xeral de Administración Local, Jose Alberto Pazos Couñago, e o presidente do Consorcio Local Conca do Lérez, José Balseiros Guinarte, asinaron esta mañá en Cerdedo un convenio de colaboración para a conservación da biodiversidade no ámbito territorial deste consorcio.

A través deste acordo, a Vicepresidencia da Xunta achegará á entidade local 45.000 euros para a execución do proxecto denominado Mellora do hábitat para fomentar a biodiversidade de especies animais no ámbito territorial do Consorcio Local Conca do Lérez; o cen por cen do orzamento total da iniciativa.

O obxectivo básico da actuación consiste en mellorar o medio ambiente e o espazo natural para favorecer o establecemento dunha poboación estable e máis abundante do coello de monte (Oryctolagus cuniculus) e da perdiz rubia (Alectoris rufa); tal e como pediron os concellos de Cerdedo, Campo Lameiro e Cotobade, integrantes do Consorcio.

Para acadar este obxectivo, a través deste convenio realizaranse diversas actuacións, como poden ser a preparación do terreo coa realización de pequenas rozas de contorno irregular para aumentar a relación de contacto entre matogueira e as zonas de alimento ou a construción de tobeiras artificiais e cerramento interior e perimetral.

Así mesmo, tamén se levarán a cabo actuacións de acondicionamento do medio para a solta de exemplares das especies cinexéticas mencionadas, realizando traballos de cavadura de parcelas situadas en montes para a sementeira de trigo e centeo, co obxecto de proporcionar alimento e asegurar a viabilidade dos animais liberados.

O convenio financiase grazas ao Fondo de Compensación Ambiental, un recurso que a Xunta puxo en marcha en 2010, permitindo que por primeira vez os concellos se beneficiasen directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia. As iniciativas financiadas con cargo ao FCA promoven á protección do medio ambiente e do espazo natural, entre elas aquelas actividades orientadas á conservación da biodiversidade, como é este caso.

25 de xuño de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.