publicidade hoxe

Xunta e Concello analizan o informe de aprobación inicial do PXOM da Gudiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaLocal PortadaOurense
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión co alcalde da Gudiña

Encarnación Rivas na reunión co alcalde da Gudiña

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu esta mañá ao alcalde da Gudiña, Guillermo Lago e membros do equipo municipal para tratar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) desta localidade ourensá.

Nesta reunión Xunta e Concello analizaron o contido do Informe Previo á Aprobación Inicial (IPAI) do seu PXOM para poder facer as modificacións necesarias no documento de planeamento e así avanzar cara a súa aprobación.

O informe marca os axustes necesarios que debe desenvolver o equipo redactor do Plan Xeral para acadar os obxectivos que recolle a proposta do novo planeamento.

Colaboración Xunta e concellos

O encontro celebrado hoxe trátase da primeira reunión de traballo mantida entre a Xunta e o Concello da Gudiña e atópase dentro dos traballos de colaboración que o Executivo autonómico ofrece ás administracións locais para que poidan contar cunha figura urbanística que ordene e protexa os seus territorios.

Dende a Consellería de Medio Ambiente lévase concedido ao Concello da Guiña unha subvención de 107.965 euros en concepto de axuda para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

11 de xuño de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.