publicidade hoxe

Xove pon en marcha unha nova edición do San Antonio da Rigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O vindeiro venres, 13 de xuño, terá lugar a Vª Edición da Romaría ao San Antonio da Rigueira, dende a súa recuperación no ano 2009. Durante estes cinco anos, non só se recuperou gran parte da afluencia de público, senón que tamén parte das oito antigas rutas que os romeiros e romeiras seguían ata o santuario da Rigueira.

Como cada ano, identificarase a cada romeiro cun carné de romaxe onde constarán os seu nome, así como o da ruta que segue a a súa saída. Este carné ha de ser selado nos puntos da súa ruta habilitados a tal efecto (achégase horarios de saída e puntos de selado de cada ruta). Unha vez que cada romeira e romeiro chegan á capela, han ser recibidos na jaima do Concello, e alí faráselles entrega da súa Ventura (Certificado da romaxe), xunto cunha flor: un lirio blanco (a flor do San Antonio).  O número de Selos dun Carné dependerá da Ruta seguida. Pois haberá distintos puntos de selado en en casetas ao longo do camiño. 

Os romeiros e romeiras que queiran participar desta edición deben inscribirse previamente no Laboratorio de Investigación Social do Concello de Xove

2 de xuño de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.