Xornadas musicais no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Todos os alumnos interesados en planificar o próximo curso 2014/15, ou recibir clases de reforzo, poderán facelo durante o próximo mes de xullo. Os responsables municipais ofrecen esta posibilidade aos alumnos que xa estiveron tanto no conservatorio como na escola de música durante o pasado curso.

Así mesmo ofrécese tamén a posibilidade de recibir clases de iniciación en instrumentos, para todos os veciños interesados. Os instrumentos dos que se darán estas clases de iniciación serán percusión/batería, piano, guitarra, saxofón, clarinete, trompeta, trombón, viola, violín e tuba.

Toda a información referente a estas xornadas musicais, así como a inscrición nas mesmas, poderase realizar na área de Educación do concello carballiñés.

20 de xuño de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.