Xornadas de cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias na Eurocidade
A sede da Eurocidade Chaves-Verín AECT (antiga aduana de Feces de Abaixo) acollerá desde mañá, 04 de xuño, e ata o venres 06 de xuño, as xornadas “Cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias: colaboración e coordinación entre os organismos intervinientes”
Estas xornadas, enmarcadas dentro do Proxecto ARIEM 112 en materia de atención das emerxencias e protección civil no ámbito transfronteirizo de Galicia, Castela-León e Norte de Portugal, serán inauguradas ás 10 horas (horario local) polo tenente de alcalde de Verín, Enrique Díaz, o vicepresidente do Município de Chaves, Carlos Penas, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Juan José Muñoz Iglesias.
Ao longo dos tres días técnicos dos servizos contraincedios, de un e outro lado da fronteira, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, da dirección xeral de Tráfico, do Sergas e da Axencia Galega de Emerxencias ofreceran unha completa análise da cooperación transfronteiriza dende as diversas perspectivas dos sectores implicados.
Os relatorios e mesas redondas que terán lugar son as seguintes: ‘O tratamento dos vehículos de emerxencia na lexislación española de Tráfico’ (de David Llorente Rey, xefe provincial de Tráfico de Ourense), ‘Análise sobre o réxime xurídico dos consorcios comarcais de extinción de incendios e salvamento: intervención en zonas fronteirizas’ (de Ramón Barreal Novo, xerente do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento de Verín, e Miguel Ángel Rodríguez Rodríguez, secretario de Administración Local con habilitación estatal do Concello de Sandiás), ‘Acordos de colaboración transfronteiriza: a xestión operativa da emerxencia, referencia convenios entre Aliste e Miranda do Douro, Bragança e Vimioso’ (de David Mendieta Mejías, parque de bombeiros voluntarios de Aliste, e Javier Faundez Domínguez, presidente da Mancomunidade de Municipios Terra de Aliste -Zamora-), ‘Colaboración entre os servizos de emerxencia dos dous lados da fronteira’ (de Antonio Cruz, segundo comandante dos Bombeiros Municipais de Viana do Castelo), ‘A aplicación práctica do pacto de axuda mutua e protocolos operativos del ARIEM 112’ (de Juan José Muñoz Iglesias, xerente da Axencia Galega de Emerxencias), ‘A formación en materia de emerxencias: necesidade dunha formación común para os membros dos servizos de emerxencias que actúan en zonas transfronteirizas’ (de José A. Grandas Arias, xefe de servizo de formación en emerxencias da Academia Galega de Seguridade Pública), ‘A colaboración transfronteiriza en materia de emerxencias: necesidade de fomentar a formación e prácticas conxuntas’ (con Bombeiros de Aliste, Viana do Castelo, Academia Galega de Seguridade Pública, Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento de Verín. Modera Juan José Muñoz Iglesias, xerente da Axencia Galega de Emerxencias), ‘Organización dos corpos de seguridade no Norte de Portugal: Funcións da PSP’ (de Antonio Tiago Gonçalves, en representación do Comando Metropolitano da PSP de Porto), ‘Incendios en zonas forestais transfronteirizas’ (de Isidro Pascual Pascual, xefe de servizo de coordinación comunitaria. D.X. Desenvolvemento Rural e Política Forestal), ‘A cooperación transfronteiriza: a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, presente e futuro’ (de Nuno Almeida e Marilia Silva, coordinador e unidade para a cooperación estratéxica da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal CCDR-N), ‘Función dos centros 112 como integradores de recursos de zonas transfronteirizas’ (de José María Suárez Paz, xefe de área de Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia-AXEGA), ‘Análise das ferramentas TIC para solicitude/ofrecemento de axuda e coordinación de recursos’ (de José María Suárez Paz, xefe de área de Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia-AXEGA), ‘Mesa redonda sobre a cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias: debilidades, fortalezas, liñas de mellora’ (con Jorge Llorente, xefe do servizo provincial de Emerxencias de Ourense, Alejandro de Medeiros, servizo provincial de Emerxencias de Pontevedra, José María Suárez Paz, xefe de área de Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia-AXEGA, Isidro Pascual Pascual, xefe de servizo de coordinación comunitaria. D.X. Desenvolvemento Rural e Política Forestal. Modera: Ramón Barreal Novo, xerente do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento de Verín), ‘Cooperación transfronteiriza en materia sanitaria’ (de Nieves Domínguez González, xerente do Servizo Galego de Saúde), e ‘ARIEM 112. Unha experiencia positiva que debemos consolidar no futuro’ (Santiago Villanueva Álvarez, director xeral de Emerxencia e Interior da Xunta de Galicia e vicepresidente de AXEGA). Ao peche das mesmas asistirá, 06 de xuño, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. Santiago de Compostela.











