Xornada de xogo e convivencia no fin de curso sociocultural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Este sábado 28 de xuño e no marco do programa Vive o verán, arredor de 90 rapaces inscritos nas actividades regulares dos distintos centros socioculturais dos barrios e parroquias de Santiago, gozarán dunha xornada de convivencia e xogo como remate do curso sociocultural. Será a partir das 12:00 horas no Local Sociocultural da Gracia. As actividade comezarán ás 12:00 horas cunha variada programación de xogos e dinámicas conducidas por un equipo de 12 monitores dos distintos centros socioculturais. Contarase tamén coa colaboración do grupo de capoeira do Centro Sociocultural de Vite, que amosará aos rapaces nocións básicas sobre esta danza.

Pola tarde haberá unha ximcana de xogos e, se o tempo o permite, algunha actividade de auga.

Os nenos inscritos, con idades comprendidas entre os 5 e o 14 anos achegaranse ao Local Sociocultural da Gracia nun autocar disposto polo Concello.

A participación na actividade é de balde e os nenos e nenas teñen que traer a comida e a merenda, xa que actividade rematará as 19:30 horas co retorno aos distintos puntos de saída tamén en autocar.

27 de xuño de 2014 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.