Vilagarcía porá en marcha un servizo de menús a domicilio para os nenos con carencias alimenticias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais xa concretou o sistema co que cubrirá o peche dos comedores escolares e co que se pretende garantir a correcta alimentación dos nenos e nenas das familias en risco de exclusión durante os meses de verán. Para elo porase en marcha un servizo de menús a domicilio para os cativos que precisen deste recurso. O Pleno abordará o luns a habilitación dunha partida específica de 10.000 euros para financiar o programa.

A proposta da concellería que dirixe Elena Suárez atende así a recomendación realizada pola Defensora del Pueblo que advertiu do risco de casos de mal nutrición infantil que se podían dar entre familias necesitadas como consecuencia do peche dos comedores escolares durante o verán. Non obstante, A Concellería de Servizos Sociais, non limitará este programa aos usuarios dos comedores nin tampouco aos catro centros que dispoñen deste servizo, senón que se abre a todos os alumnos dos centros de Infantil, Primaria e Educación Especial que poidan atoparse nesta situación carencial.

A concelleira de Servizos Sociais, Elena Suárez, comentou que, considérase que os 10.000 euros suficiente para atender as necesidades que xurdan en verán a maiores dos casos aos que xa se presta atención dende os Servizos Sociais, que desenvolve ao longo do ano varios programas de axudas de emerxencia no que se contemplan, entre outras, as axudas alimenticias a menores. Dado que Servizos Sociais xa ten constancia destes casos, solicitouse aos centros educativos que informen dos posibles casos de nenos en risco.

A intención da concelleira e poder empezar a prestar o servizo coa maior brevidade posible, para o cal, o primeiro paso é aprobar no Pleno do luns a habilitación da partida. Para ir adiantando, e mentres chega a información dos colexios, a concellería xa contactou con varias empresas de cátering para pedir presupostos e coñecer as características dos menús.

O Concello de Vilagarcía, igual que as entidades sociais da cidade, consideran que o mellor xeito de garantir o cumprimento dos dereitos que asisten a estes nenos, é proporcionándolles solución as súas carencias no seu propio fogar. “O mellor para les é non diferencialos respecto a outros nenos, non etiquetalos reuníndoos nun comedor para nenos de familias en risco de exclusión. O mellor e que, como calquera outro rapaz, pasen as súas vacacións no sen entorno familiar e estean ben alimentados”.

Para non interferir nos presupostos de Servizos Sociais, lévase ao Pleno habilitar esta nova partida específica aproveitando recursos doutras partidas. A suma máis grande procederá dos cartos que se aforraron ao pospoñerse o incremento do canon de Sogama uns meses, e unha pequena parte da partida de órganos de goberno.

O programa porase en marcha coa colaboración de ongs e consistirá na entrega a domicilio de menús para a comida e a cena.

24 de xuño de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.