VI Día da Bici Solidaria en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O domingo 06 de xullo terá lugar a sexta edición do Día da Bici Solidaria, organizada pola área de Deporte e Mocidade do Concello de Verín, a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Monterrei e o Club BTT Verín.

Esta actividade, enmarcada dentro da campaña do Sorteo del Oro 2014, ten como obxectivo promocionar este deporte como actividade saudable e familiar, e recadar fondos, mediante a venda de boletos para este sorteo, destinados a accións en beneficio da comunicade na comarca. A ruta, cun percorrido de 12 quilómetros de carácter familiar e escasa dificultade, iniciarase ás 09.30 horas na praza da Mercé de Verín. Ao finalizar a mesma, terá lugar unha festa infantil, así como a entrega de agasallos e trofeos nas categorías de: ciclista novel -participante máis novo-, ciclista veterano -participante de maior idade- e premio familiar -destinado á familia cun maior número de participantes na ruta- e á bicicleta máis orixinal (o evento non ten carácter competitivo, polo tanto os trofeos terán só carácter simbólico).

As inscricións xa poden realizarse na oficina de Cruz Vermella en Verín (Praza da Mercé), aínda que tamén se poderán efectuar o propio día 06 de xullo, a partir das 9 horas, na praza da Mercé. A participación é gratuíta, tan só aquelas persoas que queiran optar aos premios deberán comprar un boleto do Sorteo del Oro para obter o dorsal.

Para máis información poden contactar con Cruz Vermella a través do teléfono 988-410978 ou visitando a oficina de Verín.

18 de xuño de 2014 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.