Verín acolle un servizo de información, orientación e prospección de emprego
O Concello de Verín conta cun Servizo de información, orientación e prospección de emprego, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, co obxectivo de realizar accións de orientación profesional para o emprego dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego.
Os/As destinatarios/as destas accións son persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e traballadores en situación de mellora de emprego.
As accións a desenvolver son:
-Elaboración de diagnoses individualizadas sobre o perfil das persoas demandantes de emprego, así como detección de necesidades e expectativas relacionadas coa busca de emprego.
-Deseño de itinerarios personalizados de inserción co obxecto de mellorar a cualificación profesional e empregabilidade dos demandantes de emprego.
-Información, asesoramento e axuda na elaboración de curriculum vitae e carta de presentación.
-Colaboración na preparación de entrevistas de traballo.
-Información sobre recursos formativos e de busca de emprego existentes tanto a nivel local, comarcal como a través das novas tecnoloxías.
-Información sobre listas de contratación, prácticas e bolsas de traballo
-Información sobre ofertas de traballo
-Información sobre as vías de obtención e o procedemento de recoñecemento das competencias adquiridas pola experiencia laboral para as persoas demandantes de emprego mediante a acreditación oficial da súa cualificación a través de certificados de profesionalidade.
-Prospección laboral a través do contacto con empresas da comarca así coma con empresas de selección de persoal.
-Creación dunha bolsa de emprego cos usuarios/as do servizo.
As persoas que desexen acceder a este servizo poden poñerse en contacto coa orientadora laboral a través do teléfono 988-41 0000 ou do correo electrónico orientador.laboral@verin.net











