Verín acolle o ‘Memorial Carlos Pérez Álvarez’
O vindeiro sábado 05 de xullo, ás 19.30 horas, terá lugar en Verín a celebración do ‘Memorial Carlos Pérez Álvarez’, unha homenaxe a este futbolista profesional nacido en Verín en 1971. Carlos Pérez (coñecido coma Carlos Álvarez en Portugal), xogou no Real Clube Celta de Vigo, UD Almería, GD Chaves, Vitória de Guimaraes SD, CD Nacional de Madeira e CD Ourense, antes de retirarse do mundo do fútbol e falecer tráxicamente o 5 de xullo de 2006, á idade de 34 anos.
Nesta cita deportiva disputarase contará un partido entre o Verín CF e o Real Clube Celta Indoor, campión da Liga Fertiberia de Fútbol Indoor 2013, no que militan veteranos do Verín CF xogará un combinado de veteranos e futbolistas do actual plantel, que tampouco queren perderse o que promete ser unha tarde inesquecible.
Na realización do ‘Memorial Carlos Pérez Álvarez’ tamén colaboran o Concello de Verín, Socitransa, Saroni, Cabreiroá e Denominación de Orixe Monterrei.











