Vepersa leva a tracción quattro ao centro de Pontevedra

Flyers dispostos polas rúas de Pontevedra
Hoxe a zona centro de Pontevedra amenceu chea de vistosos flyers con forma de vehículo nunha acción de rúa organizada por Vepersa, Concesionario Oficial Audi e Volkswagen en Pontevedra, en colaboración co Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Esta acción forma parte da campaña “Pégate á aventura” posta en marcha por Vepersa para levar á rúa os beneficios da tracción quattro presente en case todos os modelos de Audi.
Todo o que pase hoxe pola zona monumental de Pontevedra poderá comprobar como numerosos Audi fixéronse co corazón de Pontevedra desafiando á gravidade.
A campaña “Pégate á aventura”esténdese ademais ás redes sociais cun concurso na páxina de Facebook de Vepersa http://goo.gl/0dWy1x onde os participantes poden conseguir un iPad mini e outros agasallos exclusivos de Audi si demostran os seus coñecementos sobre esta tecnoloxía. A etiqueta #galiciaquattro permite ademais seguir a través das redes o transcurso desta campaña que o próximo día 2 de xullo culminará nun sorprendente acto final que terá a zona monumental de Pontevedra como escenario.











