Vedra conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Este ano o Día Mundial do Medio Ambiente está adicado aos Pequenos Estados Insulares en Desenvolvemento. O slogan escollido é“Levanta a túa voz, non o nivel do mar”.

Os obxectivos desta conmemoración son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

O Concello de Vedra tamén quere facerche chegar a súa mensaxe nunha data tan sinalada coma esta. E para iso quere alentar á veciñanza a continuar coas boas practicas en tema de residuos e reciclaxe e agradecer o esforzo que supón a súa correcta xestión.

Sabemos que non é fácil pero coa túa colaboración conseguirémolo.

5 de xuño de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.