Varios establecementos de Marín participan na campaña Come o Mar do Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra
O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra, participa na campaña COME O MAR, campaña que celebrarase durante todo o mes de xuño e no que se ofertarán menús mariñeiros nos distintos restaurantes da zona, combinándose con actividades complementarias, relacionadas coa cultura mariñeira.
Toda a oferta de actividades pode consultarse na páxina web de Mar Galaica e a través de Facebook e Twitter, onde se pode comprobar todos os eventos organizados.
En Marín o restaurante El Kloster, ofrecerá menú mariñeiro selección con desgustación de catro platos diferentes con productos do mar, con un coste de 30 € e pola súa parte, A Lonja Vella ofrece un menú mariñeiro por 18 €, cun plato estrela de lenguado.
Durante os fins de semana deste mes, nas prazas de abastos, haberá actividades de promoción do consumo de peixes e mariscos da zona, ofrecendo novas preparacións que serán realizadas polo cociñeiro Fran Sotelino. Sendo en Marín, o día 7 de xuño, ás 11:00 h, cunha duración aproximada de hora e media, na que se ofrecerá unha degustación dos platos elaborados o publico asistente. As praceiras de Marin elixiron as especies de PEIXE SAPO e SARDIÑA.
Entre os asistentes a actividade na praza de Abastos se sorteará un vale por importe de 20€ para compra dun lote de peixe no mercado de Marin. A asociación de Armadores de Marín colabora coa actividade ofreciendo a materia prima para la realización da degustación.
Estes proxectos desenvólvense ao abeiro do programa de axudas que xestiona o grupo como entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural e do Mar e co Fondo Europeo da Pesca que financia ao 75% todas as actividades.











