Varios dos concursantes de La Voz Kids actuarán en Carnota
O Mar de Lira en Carnota acollerá o vindeiro 28 de xuño ás 22 horas un gran concerto das estrelas do concurso La Voz Kids, programa que se emitiu o pasado inverno en Telecinco, como sucesión de La Voz, e con un importante e grande éxito de audiencia, superando en ocasións o 30% de share.
No espectáculo actuarán 8 dos pequenos artistas que competiron no concurso: Laura Pérez, que chega dende Sevilla; Ana Mancebo e Laura Serrano, dende Madrid; Edu Sánchez e Yasira Díaz, dende Valencia; Nerea Rodríguez, Sofía Coll e Nerea Royo, de Barcelona; e o noso anfitrión, de Lira (Carnota), Xurxo Trillo.
Os artistas entoaran os temas que interpretaron no concurso acompañados dunha espectacular orquestra da man do mesón Doña Teresa. A entrada será gratuíta para todos aqueles que queiran gozar dunha boa noite de música ao aire libre.