V Volta Cicloturista do ‘Val do Támega’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O próximo 13 de xullo terá lugar V Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ organizada polo Club Ciclista Verín, coa colaboración do Concello de Verín.

Esta proba, con saída ás 09.00 horas do complexo deportivo de A Granxa, homenaxeará ao ciclista Ávaro Pino (na pasada edición foi ao ourensán Raúl Rey Formosel). O percorrido será de 110 quilómetros (polos municipios de Verín, Castrelo do Val, Laza, Vilar de Barrio, Sarreaus, Trasmiras, Cualedro, Monterrei e Oímbra) e finalizará no cruceiro da acrópole de Monterrei -o peche do control está previsto ás 15 horas-. Percorrido en http://www.clubciclistaverin.com/?V_VOLTA_VAL_DO_T%26Aacute%3BMEGA:Planimetr%26iacute%3Ba_y_recorrido

A retirada dos dorsais realizarase o 12 de xullo, de 18 a 20 horas no complexo de A Granxa, e o propio da carreira, no mesmo lugar, dende as 8 a 8.30 horas -será necesario presentar unha confirmación da inscrición, licenza deportiva en vigor para os federados (os que non o están necesitarán o DNI), e o xustificante do ingreso-. Para participar na V Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ será necesario formalizar inscrición previa e abonar unha cota de 25 euros -federados- ou 37 euros -non federados- antes do 11 de xullo.

26 de xuño de 2014 | 13:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.