Urbaser dispón nove camións e dúas cisternas para recoller residuos nos puntos en alerta sanitaria de Lugo
Nove camións e dúas cisternas de Urbaser, empresa concesionaria da limpeza de Lugo, comezan a recoller residuos naqueles puntos nos que se concentra a alerta sanitaria, entre 50 e 70 segundo o secretario de organización de CIG-Lugo, Lois Nieto.
Ademais, sairán 12 condutores e 17 peóns para realizar estes traballos, anunciando a súa predisposición a actuar naqueles puntos que se lles sinale.
Así o decidiu a asemblea de traballadores, aínda que agora están nun “pequeno impasse” dado que algúns dos que ían recoller son dos 10 despedidos e tratan de negociar coa dirección para que se lles readmita. Non obstante, a CIG apunta que probablemente se chegue finalmente a un acordo, dadas as intencións do equipo de atender esta alerta.
Todo isto prodúcese despois de que o Concello lanzará o ultimato de pedir a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME), do que se desiste toda vez que os traballadores, tras xa nove días en folga e máis de 900 toneladas de lixo acumuladas, aceptaran estas condicións.











