Uns 70 escolares de Cambre tomaron parte nun pleno infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Pleno infantil en Cambre

Pleno infantil en Cambre

O Concello de Cambre recibiu esta mañá a preto de 70 alumnos do CEIP Portofaro de O Amorne que visitaron os principais departamentos da Casa Consistorial e participaron nun pleno infantil desenvolvendo o papel dos concelleiros e dos veciños. Antes da improvisada sesión plenaria, visitaron diferentes departamentos para entender o funcionamento da administración local. Os funcionarios responderon as preguntas dos pequenos que estiveron moi interesados no papel que desempeñan os traballadores municipais. Tras a expedición polo Concello, o alcalde, Manuel Rivas, presentou no salón de plenos aos novos “edís” e explicoulles funcionamento e o desenvolvemento das sesións plenarias así como as atribucións e competencias dos plenos municipais. Ademais, Rivas, contestou a unha vintena preguntas relacionadas cos problemas dos veciños de Cambre. Os pequenos reclamaron ao alcalde unha pista para as súas peonzas, a mellora dos parques infantís de O Amorne e mesmo lle instaron a baixar os impostos do Estado. Tras finalizar, levou a cabo unha foto de grupo e entregóuselles un doce que levaba gravado o emblema do Concello

4 de xuño de 2014 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.